dimarts, 14 d’agost de 2012

VI Campeonato de Tirapiedras da Galiza Central



Melide, 17 d’agost, a partir de les 11:30
Organitza: Asociación  Galega do Xogo Popular e Tradicional

REGULAMENTO

·         Establécense dúas categorías:
  • 1ª) De 8 a 14 anos
  • 2ª) A partir dos 14 anos cumpridos
·         Haberá premios para os tres primeiros clasificados en cada categoría. Competirase polo sistema de eliminación directa.
·         Cada tirador/a dispoñerá de seis (6) lanzamentos, debendo efectuar tres (3) a cada unha das dúas dianas que existirán. Nunha delas conseguirase un (1) punto por cada lanzamento acertado e na outra tres (3) puntos.
·         A distancia de lanzamento será de cinco (5) metros para a primeira categoría e de dez (10) metros para a segunda.
·         Os empates nos tres primeiros postos de cada categoría resolveranse por sucesivas quendas de seis (6) lanzamentos.
·         Os tirapedras serán construídos con galleto de madeira, ligas (lisas, non redondas) de caucho ou látex e badana de coiro. A organización dispoñerá de tirapedras.
·         Ás 11.15 h. comezará a competición para a primeira categoría. Haberá tiradas de adestramento desde as 11.00 h. Antes do comezo da competición para a segunda categoría, tamén habería tiradas de adestramento. Só poderán adestrar as persoas inscritas no Campionato.
·         A orde de tirada decidirase por sorteo.

Cap comentari:

Publica un comentari a l'entrada